Pasar al contenido principal

O colexio inicia o curso de Business Intelligence

Inauguración do curso de Business Intelligence 2009

>Hoxe, venres 26 de maio, tivo lugar a sesión inicial do curso de Business Intelligence organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, a cal se desenvoverá durante 20 horas longo de catro días dos meses de maio e xuño.

Esta actividade formativa permitirá que 26 Enxeñeiros/as en Informáctica complementen os seus coñecementos nun dos eidos en maior expansión nos sistemas de información corporativos.

No contorno empresarial actual cada vez máis é necesario tomar decisións importantes e rápidas en base á información dispoñible nos sistemas de xestión informatizados e isto require de ferramentas que faciliten este proceso de toma de decisións.

As tecnoloxías de Business intelligence permiten mellorar a velocidade e capacidade das organizacións para tomar decisións, simplificando e integrando servizos na mesma plataforma, e proporcionando interfaces abertas para acceder e compartir datos, dentro da mesma organización ou con outras organizacións externas.

Neste sentido, a plataforma Open Source Pentaho Business Intelligence cobre moi amplas necesidades no eido da análise de datos e dos informes empresariais, convertendo a Pentaho nunha solución moi flexible para cubrir unha ampla gama de necesidades empresariais, dende as básicas e sinxelas ata as sofisticadas e especificas do negocio.