Pasar al contenido principal

O CCII márcase como obxectivo para 2010 a aprobación dos estatutos e a creación formal do consejo general

Momento da asemblea do CCII celebrada o sábado 9 de xaneiro de 2009

A pasada fin de semana celebrouse en Madrid a asemblea do Consejo de Colegios de Ingeniería en Informática (CCII), á que asistiron como representantes do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) o seu presidente, Fernando Suárez Lorenzo, e Juan Otero Pombo, membro da Comisión de Promoción da Profesión. No transcurso da xuntanza, quedou constituída a comisión xestora para a creación do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática, que elaborará os estatutos do futuro Consejo.

O CCII márcase como obxectivo a cumprir no presente ano 2010 que o Ministerio de Industria aprobe os estatutos e se constitúa formalmente o Consejo. Cómpre lembrar que coa Lei 20/2009 de creación do Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática, publicada no BOE o 5 de decembro, se deu un gran paso no recoñecemento de dita enxeñaría. Esa lei foi aprobada por unanimidade no Congreso e no Senado, despois de numerosas xuntanzas cos distintos grupos políticos. Nesta estratexia, foi fundamental o traballo realizado polo colexio galego.

Á parte doutros temas, na asemblea debateuse o informe de xestión do último ano, que foi aprobado por unanimidade dos colexios asistentes: Asturias, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Euskadi, Estremadura, Galicia, Murcia e Valencia.