Pasar al contenido principal

Un experto do FBI advirte en Santiago da crecente ameaza de delitos informáticos

Imaxe dunha mano cun fondo azul

O agregado xurídico da axencia policial federal estadounidense FBI en España, Marc Varri, advertiu nun seminario en Santiago da crecente ameaza dos denominados «delitos Imaxe dunha mano cun fondo azul cibernéticos».

Estados Unidos constituíu varios organismos destinados a protexer «os sistemas do Goberno», dixo Varri, pero advertiu de que «un atentado cibernético contra os sistema financeiros, como por exemplo un banco, podería ter un impacto desvastador». O axente do FBI subliña que ese tipo de atentados «poderían xerar perdas económicas maiores que, por exemplo, os atentados do 11 de setembro» do 2001 contra as torres xemelgas de Nova York, o edificio do Pentágono en Washington e outros obxectivos, que sementaron o pánico no país e a conmoción en todo o mundo.

O representante da citada axencia estatal fixo esta advertencia nunha mesa redonda sobre «Intelixencia, seguridade e defensa» organizado polo Centros de Estudos de Seguridade e Defensa (Ceseden) na Universidade de Santiago. Apuntou que os servizos de intelixencia de EUA constataron que, malia os cambios de tecnoloxía, «unha cousa que non cambia tan rapidamente son as leis». Nese sentido, subliñou que se ben a lexislación protexe ben no territorio aos cidadáns estadounidenses en materia de telecomunicacións, o aumento da multiplicidade de comunicacións internacionais «fai moi difícil definir que se pode facer e que non se pode facer legalmente» para intervir conversacións telefónicas ou correos electrónicos, por exemplo.

Varri destacou que ese é un dos retos e as ameazas aos que se enfrontan no futuro os servizos de intelixencia non só de Estados Unidos senón doutros países.

O axente do FBI, que traballou en varios países, sinalou que esa axencia «foi máis policial que servizo de intelixencia e soubo máis reaccionar, por exemplo unha vez que houbo atentados terroristas», pero observou que «a prevención é máis complicada». Concluíu que, para evitar ese tipo de ameazas, as axencias estatais como o FBI deberán «adaptarse» e ser «máis pro-activas e menos reactivas».