Pasar al contenido principal

A Escola Superior de Enxeñaría en Informática da Universidade de Vigo pon en funcionamento unha rede social

Logotipo da Universidade de Vigo.

A rede social pretende unir a membros do centro actuais, antigos/as alumnos/as xa titulados/as, colaboradores, empregadores e, en xeral, a calquera profesional relacionado co mundo das tecnoloxías da información a quen lle interese manterse ao tanto do que acontece na Escola Superior de Enxeñaría en Informática.

O obxectivo último é que sexa unha ferramenta de fidelización que permita manter o contacto con todos/as os/as titulados/as que van pasando polo centro, para que deste xeito poidan manter vínculos con colaboradores, profesionais e emocionais cos seus antigos/as compañeiros/as, profesores/as e, en xeral, coa escola.

A dirección da rede é www.eseinet.es e algunhas das súas funcionalidades son:

  • Publicación e difusión de apuntamentos, presentacións, vídeos e, en xeral, material docente de apoio das materias que se imparten.
  • Publicación de eventos de todo tipo coa posibilidade de inscribirse, comentalos, publicar programas, fotos e vídeos.
  • Creación de grupos públicos e privados de materias, asociacións e grupos de alumnos/as e profesores/as.
  • Integración con outros servizos da web social que xa estaba a utilizar a ETSE como canles de difusión de información, blogs de emprego e de proxectos fin de carreira ou grupos en facebook.
  • Os/as membros da rede poderán publicar os seus propios contidos nos seus blogs dentro da rede.
  • Soporte á docencia das materias. Cada vez máis utilízanse redes sociais como soporte á docencia, pois permiten unha maior interacción co/coa alumno/a, un mellor seguimento do seu portfolio docente, a discusión online, a ou a organización de actividades colaboradoras. De feito, fai xa dous ou tres anos que se utilizan as redes sociais nalgunhas materias.