Pasar al contenido principal

O software pode prexudicar gravemente á súa saúde

Logotipo de OSCON 2010

Os fallos do software en aparatos médicos, como marcapasos, van ser unha crecente ameaza para a saúde pública, segundo o informe de Software Freedom Law Center (SFLC) que foi presentado hoxe en Portland (EUA) na Open Source Convention (OSCON).

O relatorio Killed by Code: Software Transparency in Implantable Medical Devices (Morto polo código: Transparencia de software nos dispositivos médicos implantables) aborda o risco potencialmente mortal dos defectos informáticos nos aparatos médicos implantados nas persoas. O traballo formula a necesidade de que os pacientes e os médicos teñan máis información deses aparatos e de que esixan que leven software de código libre e aberto. A OSCON é unha reunión de expertos en software libre.

"Os resultados do traballo son importantes para calquera persoa que teña un amigo ou familiar cun marcapasos ou con bombas de insulina" segundo Karen Sandler, director de SFLC. "Necesitamos unha revisión da seguridade do código que se executa nestes aparatos. As autoridades sanitarias deben esixir aos seus fabricantes, o código fonte para a súa revisión e custodia,".

Segundo SFL, millóns de persoas con condicións crónicas do corazón, epilepsia, diabete, obesidade, e mesmo a depresión depende de implantes, pero o software permanece oculto aos pacientes e os seus médicos. A pesar de que hai casos de fallos críticos por defectos de código fonte, este considérase propiedade exclusiva dos seus fabricantes e case nunca se revisa preventivamente polas autoridades sanitarias.

En 2008, a Corte Suprema dos Estados Unidos eliminou a única garantía que tiña o consumidor para demandar por neglixencia na fabricación de partes dun aparato.

O documento da SFLC pide que se auditar o código fonte dos produtos sanitarios. A investigación indica que a transparencia de software faría os dispositivos menos vulnerables aos hackers maliciosos e brechas de seguridade e á poboación menos vulnerable á neglixencia das empresas que os venden.

A SFLC recorda graves fallos informáticos acontecidos noutros campos, como en eleccións, na fabricación de coches, nas liñas aéreas comerciais ou nos mercados financeiros. Na súa opinión, estas vulnerabilidades só poden resolverse coa transparencia do software libre.