Pasar al contenido principal

O colexio acoderá a Correo TV para expoñer o seu punto de vista sobre a situación da banda larga e a sociedade da información

Símbolo do CPEIG

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira; o presidente do Clúster TIC de Galicia, Rafael Valcarce, e o xerente de Desenvolvemento de Negocio de R, Antonio Rodríguez del Corral, compartirán as súas opinións co presidente do CPEIG no programa que conduce Susana López.

O programa poderá seguirse tamén en Radio Obradoiro á mesma hora có programa televisivo, con redifusión en Correo TV o martes 23 ás 10.00 h e 16.00 h. Ademais, repítese o sábado pola tarde. A partir do martes 23 o coloquio quedará colgado en www.youtube.com/correotv. Tanto El Correo Gallego como Galicia Hoxe se farán eco do programa.