Pasar al contenido principal

O colexio súmase ao impulso da informática verde e asina un acordo con AECOTIC

Manuel Carlos Delfino, presidente de Aecotic, e Fernando Suárez, presidente do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Asociación pola Eco- responsabilidade nas Tecnoloxías da Información e Comunicación (AECOTIC) veñen de asinar un acordo de colaboración para o impulso de actividades e iniciativas relacionadas coas green IT, é dicir, a informática verde.

Logo de AECOTICAo abeiro deste convenio, as dúas entidades acordan colaborar no impulso das green IT con iniciativas e actividades "baseadas no concepto amplo da informática verde". Deste xeito, o CPEIG intégrase como socio institucional de Aecotic. A duración do convenio será de dous anos renovables por acordo entre as partes.

MITIGAR O CAMBIO CLIMÁTICO

Ao abeiro do acordo asinado entre Manuel Carlos Delfino Reznicek, presidente de Aecotic, e Fernando Suárez Lorenzo, presidente do CPEIG, búscase impulsar iniciativas, individuais e colectivas, que contribúan a mitigar o cambio climático unindo un uso eficiente das tecnoloxías da información e comunicación; sensibilizar a sociedade, empresas e Administración pública na redución das emisións de CO2; potenciar novas tecnoloxías TIC enerxeticamente sustentables; impulsar a sustentabilidade en áreas intensivas en utilización das TIC; impulsar un centro de referencia internacional sobre políticas, acción e tecnoloxías green IT e propiciar a adopción de medidas de reciclaxe e reutilización.