Pasar al contenido principal

"A aplicación dos estudos empeza a primarse agora"

Sabela Ramos. Premio Nacional de Enxeñería Informática.

A ceense Sabela Ramos Garea non é só a mellor da súa clase e da Universidade da Coruña, destaca entre todos os estudiantes do país e iso valeulle o primeiro dos Premios Nacionais ao Rendemento Académico en Enxeñería Informática, dotado con 3.300 euros.

Non é a primeira vez que a distinguen porque dende o 2009 o seu proxecto de fin de carreira acumula varios galardóns, o último no mes de maio en Amsterdam, nun certame internacional de computación de alto rendemento. Agora, con 24 anos, está completando o seu doutoramento e, fundamentalmente, pensa centrarse na investigación.

-¿Que criterios se empregan nestes premios?

-Compáranse os expedientes presentados de toda España e pondéranse cos resultados da universidade á que pertence cada un. Sobre unha puntuación de catro eu tiña 3,02 ou 3,03.

-¿Ofrecéronlle algún traballo?

-De momento non, pero nas bases do premio xa pon que envían por aí o teu currículo. Depende das oportunidades, pero de momento fixen o máster, agora estou co doutoramento e penso centrarme na investigación porque me gusta moito.

-¿Pódese investigar dende a Universidade da Coruña igual que dende un centro americano?

-Eles teñen outro financiamento, pero agora coas novas tecnoloxías podemos empregar as súas máquinas. O que acontece é que aquí a aplicación práctica dos proxectos nas empresas empeza a primarse agora e alí levan moita vantaxe. Ademais aos investigadores concédenlles outro estatus.

-Simplificando: ¿en qué consiste o seu proyecto?

-Trátase de mellorar o paso de mensaxes en Java para optimizar o procesamento nos ordenadores que teñen máis dun núcleo.

-¿Ve posibilidades de desenvolvemento na súa especialidade?

-Iso non se pode saber, pero está claro que todo o relacionado coas tecnoloxías da información ten bastante futuro.

-¿Mantén a súa relación coa Costa da Morte?

-Si. Eu agora vivo normalmente na Coruña, pero de vez en cando, nas fins de semana ou así, sempre vou dar unha volta ata Cee