Pasar al contenido principal

O CPEIG concede dúas bolsa para o Máster Interuniversitario HPC

Símbolo do CPEIG

Carlos González Pérez e Jorge Fernández Fabeiro resultaron merecentes das dúas bolsas convocadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para cursar o Máster Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións HPC (High Performance Computing).

As bolsas que vén de conceder o CPEIG asumen o 33% do total do custo de matriculación, que ascende a 1.788 euros. Os centros onde desde o pasado mes de setembro se imparte o máster son a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, a Facultade de Informática da UDC e a aula de formación do CESGA.

O Máster Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións HPC vai dirixido á formación de profesionais, tecnólogos e investigadores no campo da arquitectura de computadores e a computación de altas prestacións.

As bolsas outorgadas insírense na decidida aposta que o CPEIG realiza a prol da mellor cualificación e a especialización dos profesionais da informática.