Pasar al contenido principal

A TVG emite un microespazo sobre o Plan Navega con Rumbo Polo Ciberespazo

Logotipo de navega con rumbo

A TVG emitiu recentemente este microespazo Navega con Rumbo sobre o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa ideada polo CPEIG e posta en marcha en colaboración coa Xunta de Galicia.

Especialistas do CPEIG achéganse aos centros escolares para impartir charlas divulgativas de unha hora de duración nas que lles ensinan aos escolares a navegar por Internet de forma útil e responsable, implicando tamén aos profesores e pais e nais.

O programa conta co apoio didáctico de Guías de Boas Prácticas en Internet dirixidas a alumnos, familias e profesores. A iniciativa conta cunha web propia www.navegaconrumbo.es, onde está dispoñible toda a información sobre o proxecto. O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo chega este ano á súa terceira edición.