Pasar al contenido principal

O CPEIG viaxa a Madrid para falar de OPEN DATA e RISP no CISTI’2012

Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) está presente na Sétima Conferencia Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información, CISTI 2012, que se celebra en Madrid entre os días 20 e 23 do presente mes de xuño, cunha intervención que terá lugar a tarde do día 22.

Será o presidente do ente colexial, Fernando Suárez Lorenzo, quen interveña no CISTI, en representación do ente colexial, para abordar o Open Data e RISP. O CISTI é un evento técnico-científico anual que ten como obxectivo presentar e discutir os coñecementos, novas perspectivas, experiencias e innovacións no campo dos sistemas e tecnoloxías da información.