Pasar al contenido principal

Francisco Rodríguez, membro da Xunta de Goberno do CPEIG, é o novo secretario do Clúster TIC Galicia

Símbolo do CPEIG

Santiago de Compostela, decembro de 2012.- Francisco Javier Rodríguez Martínez é, dende o pasado día 21 de novembro, o novo secretario do Clúster TIC Galicia, segundo o acordado na última xuntanza do Comité Estratéxico (COES) do clúster. Subdirector da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, o novo secretario é tamén vogal do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)

O CPEIG quere manifestar publicamente a súa satisfacción polo nomeamento de Francisco Rodríguez, quen xa viña desempeñando funcións de vogal no Clúster TIC Galicia en representación do colexio. Para o ente colexial, a designación do novo secretario avala o labor desenvolvido polo CPEIG desde o comezo da andaina do Clúster TIC Galicia.

O COES é o órgano de planificación a medio e longo prazo ao que lle corresponde a orientación e a representación da asociación, de acordo coas disposicións e directivas da Asemblea Xeral do Clúster TIC Galicia.