Pasar al contenido principal

Galicia concentra o 5% das empresas do sector TIC e os Contidos

Símbolo do CPEIG

A Comunidade Autónoma de Galicia concentra o cinco por cento das empresas do sector TIC e os Contidos, segundo datos dun informe do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información. 

Madrid e Cataluña son as que concentran unha maior porcentaxe de empresas e aglutinan o 55% do total. En concreto, Madrid reúne ao 33% do total de empresas do sector e Cataluña o 23%. 

Pola súa parte, Andalucía (cun 9%) e a Comunidade Valenciana (cun 8%) congregan o 17% das empresas. O 28% restante atópanse repartidas entre Galicia (5%), País Vasco (4%), Castilla e León e Canarias (cada unha cun 3%), Aragón, Castilla a Mancha, Rexión de Murcia e Islas Baleares (cada unha cun 2%) e Cantabria, Comunidade Foral de Navarra, Extremadura e Principado de Asturias (cada unha cun 1%). 

Trátase de datos dun informe do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e a Sociedade da Información (ONTSI) publicados na quinta edición anual (edición 2012) do Informe do sector das Tecnoloxías de Información, as Comunicacións e os Contidos en España en 2011, e que recolle Europa Press. 

O sector das TIC compóñeno dúas grandes áreas de actividade, en concreto, a Fabricación e os Servizos. A industria manufectureira TIC está orientada a procesar e comunicar información, mediante a ensamblaxe de compoñentes electrónicos e circuítos incluíndo tamén a montaxe de ordenadores, o deseño de equipos de telecomunicacións e produtos electrónicos de consumo ou a fabricación de soportes magnéticos e ópticos. 

Pola súa banda, dentro dos servizos TIC agrúpanse o Comercio TIC, as Actividades Informáticas e as Telecomunicacións.