Pasar al contenido principal

Revista TIG@

Revista TIG@ num 1

O colexio é consciente de que a tecnoloxía é un dos motores económicos da nosa era e que os/as enxeñeiros/as en Informática estamos chamados a protagonizar os cambios e melloras sociais. Queremos que esta nova publicación sirva de altofalante dos nosos intereses e proxectos, e de todas aquelas iniciativas -tanto públicas como privadas- relacionadas co sector TI.

 

Agardamos que TIG@. A Revista da Enxeñaría en Informática sexa unha lectura do teu interese e que cada un dos/as colexiados/as participe na súa elaboración mediante suxestións, artigos ou calquera outra achega que sirva para enriquecela e facela máis plural.