Pasar al contenido principal

Becas Google Europa-Israel e Becas Google Anita Borg

Logotipo de Google

Trátase das Bolsas Google Europa-Israel, dirixidas a estudantes con discapacidade que cursan estudos universitarios en informática; e das Bolsas Google Anita Borg, destinadas a mulleres estudantes de licenciatura ou posgrao en informática ou tecnoloxía.

Dúas actuacións que Google puxo en marcha consciente do importante papel que a tecnoloxía xoga e seguirá xogando na xeración de oportunidades para que os futuros profesionais poidan desenvolver todo o seu talento, creatividade e enxeño.

Neste sentido, as Bolsas Google Europa-Israel, teñen por fin contribuír á supresión de barreiras e a motivar ás persoas con discapacidade a converterse en referentes para outros moitos novos no ámbito das novas tecnoloxías. Toda a información está dispoñible en: http://www.google.com/studentswithdisabilities-europe/

Un comité seleccionará a dez estudantes, que recibirán unha dotación de 7.000 euros para o curso académico 2013/2014, xunto coa invitación a participar nunha serie de talleres e actividades que serán organizadas no marco deste programa.

Pola súa banda, o obxectivo das Bolsas Google Anita Borg é animar ás mulleres de Europa, Oriente Medio e África a seguir participando do mundo da informática e a tecnoloxía, desenvolvendo o seu talento de forma que o resto da sociedade poida beneficiarse da súa xenialidade.

Un total de 40 bolsas de 7.000 euros para o curso académico 2013/2014, sen prexuízo das actividades que neste programa terán lugar e das que poderán beneficiarse as estudantes seleccionadas. Todos os detalles están dispoñibles en: http://www.google.com/anitaborg/

En ambos os casos, Google cree que se trata dunha oportunidade que pode enriquecer e favorecer aos estudantes a quen se dirixen estas Bolsas.