Pasar al contenido principal

Xuntanza do CPEIG coas entidades patrocinadoras da Noite da Enxeñaría en Informática

Xuntanza Patrocinadores

Membros da xunta de goberno do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) mantiveron o venres pasado, día 25 de xaneiro, un xantar de traballo en Santiago de Compostela con representantes das empresas e entidades patrocinadoras da cuarta edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.

O CPEIG quixo agradecerlles ás empresas patrocinadoras e á Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) o seu apoio e tamén recoller suxestións sobre a organización da vindeira Noite da Enxeñaría en Informática. Así mesmo, os membros do CPEIG convidaron aos patrocinadores a que acheguen artigos e traballos para seren publicados na revista TIG@, nova publicación do ente colexial.