Pasar al contenido principal

Os Colexios de Enxeñeiros Técnicos en Informática e Enxeñeiros en Informática de La Rioja máis preto de ser unha realidade

Símbolo do CPEIG

O Secretario Xeral do Partido Popular de La Rioja, Carlos Cuevas, afirmou que a aprobación no próximo Pleno do Parlamento de La Rioja dos proxectos de lei remitidos polo Goberno Rexional para a creación dos colexios profesionais de Enxeñeiros Informáticos de La Rioja e de Enxeñeiros Técnicos Informáticos de La Rioja, é "o froito e a resposta da escóita e o diálogo do Partido Popular e do Goberno Rexional coa sociedade rioxana"

Neste sentido, explicou que a inminente creación de ambos os colexios profesionais nace como resposta a unha demanda de Asociación de Enxeñeiros Informáticos e Enxeñeiros Técnicos Informáticos de La Rioja (AI2R) e servirán para "vertebrar a sociedade e para que estes profesionais teñan esa representación ante as administracións e a sociedade. Ao mesmo tempo, servirán tamén para regular o exercicio da profesión".

"Os colexios profesionais, tanto en España como na Rioja, son un modelo de éxito durante décadas. Estou seguro que estes novos colexios defenderán os intereses da profesión e tamén darán un servizo importante á sociedade", engadiu.

Pola súa banda, o Presidente de AI2R, apuntou que a creación destes colexios era "un dos obxectivos desta asociación que naceu fai tres anos. Agora alcanzamos o final dun obxectivo e iniciamos un novo camiño como colexios profesionais. Aglutinamos a case 100 enxeñeiros e enxeñeiros técnicos e tentamos integrarnos tanto coas empresas coma coa sociedade a traves de conferencias ou cursos de formación".

Xa quedan moi poucas CC.AA. sen colexios. Tempo ao tempo, que todo se andará.