Pasar al contenido principal

O e-commerce crecerá un 17% en EEUU a pesar da recesión

Logotipo de Forrester Research

Para este ano 2008 está previsto que o comercio electrónico en Estados Unidos creza un 17%, e iso a pesar do risco de recesión ao que se enfronta a economía deste país.

Segundo un estudo da firma de investigación Forrester Research espérase que o e-commerce estadounidense alcance os 204.000 millóns de dólares durante este ano.

Segundo o estudo, que foi realizado sobre unha mostra de 125 cibercomerciantes, os produtos que máis diñeiro darán serán a roupa, que debe alcanzar os 26.600 millóns de dólares, material informático (23.900 millóns de dólares) e automóbiles (23.900 millóns de dólares).

A publicidade incluída nos buscadores é o método mellor considerado polos comerciantes para captar clientes.