Esta 5ª Sesión terá como temas centrais de análises as COOKIES e o CLOUD COMPUTING. Ademais, examinaranse as principais novidades en materia de protección de datos persoais acaecidas durante o último ano, tanto no ámbito nacional como internacional.
A AEPD convida os profesionais, empresarios, representantes de institucións e cidadáns interesados a unha sesión pública, aberta e gratuíta de carácter esencialmente práctico na que se responderán as preguntas que desexen formularlles.
Co fin de organizar a sesión e controlar o aforamento da sala, quen desexe asistir deberán cumprimentar o formulario de inscrición dispoñible na sede electrónica sedeagpd.gob.es
A través deste mesmo formulario poderáse tamén expor a pregunta sobre a que se desexa obter unha resposta na sesión aberta. O equipo directivo da AEPD analizará e contestará as principais cuestións expostas durante as súas intervencións e na quenda aberta de preguntas.