Pasar al contenido principal

O CPEIG participou nas mesas redondas sobre seguridad informática, mocidade e redes sociais organizadas por NovaGalicia Banco

Símbolo do CPEIG

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2013.- O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, vén de participar como relator no ciclo de mesas redondas que organizou Novagalicia Banco sobre seguridade informática, mocidade e redes sociais.

A Coruña e Vigo acolleron esta semana a celebración das mesas redondas, dirixidas aos empregados de Novagalicia Banco e aos seus familiares, con maior interese para as familias con rapaces en idade adolescente. Segundo destaca a organización da actividade, informouse das bondades, os usos e os problemas que representa a información vertida na Rede. Sen ánimo de crear unha alarma social, as mesas redondas afondaron no coñecemento das redes sociais.

Como presentador das mesas redondas actuou Roberto Baratta, director de Seguridade e Tecnoloxías da Información de Novagalicia Banco. Como relatores, interviñeron o presidente do CPEIG e o capitán César Lorenzana González, da Unidade de Delitos Telemáticos da Unidade Central Operativa da Garda Civil.