Pasar al contenido principal

O CPEIG consegue vantaxes para as colexiadas e colexiados nas viaxes con Barceló

Logo Barceló Viajes

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013.- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de asinar un convenio de colaboración con Barceló Viajes ao abeiro do cal as persoas colexiadas  poderán beneficiarse dun desconto do 7% nas súas viaxes. Mediante o acordo asinado, o CPEIG continúa a súa aposta por aumentar os beneficios colexiais.

Servizos Ofertados 

Barceló Viaxes ofrece ás persoas colexiadas no CPEIG:

  • Experiencia no asesoramento e xestión de Viaxes & Vacacións.
  • Extenso portfolio de produto.
  • Unha atención e un asesoramento cunha gran especialización, de viaxeiro a viaxeiro.
  • Posibilidade de organización de viaxes exclusivas de grupo a medida.
  • Atención de solicitudes dos asociados: información, asesoramento e reservas de viaxes.
  • Aplicación das políticas de desconto establecidas para os membros do CPEIG
  • Emisión e envío documentación gratuíto.
  • Un 7% de desconto (exceptuando taxas) en viaxes comercializadas por operadores de turismo

Condicións

Para beneficiarse desta oferta será preciso identifcarse indicando a pertenza ao CPEIG e presentar o carné de colexiado, certificado de colexiación ou outro documento identificativo válido.

O convenio subscrito ten unha duración que se estende ata outubro do 2013, con posibilidade de ser ampliada a posteriores tempadas.