Pasar al contenido principal

Aberta a inscrición para o WorkShop – Debate sobre Xestión da Seguridade en Organizacións

Logotipo da escola galega de administracións públicas (EGAP)

Santiago de Compostela, 27 de septembro de 2013.- O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de abrir o prazo de inscrición para asistir ao WorkShop – Debate sobre Xestión da Seguridade en Organizacións, que impartirá Roberto Baratta en Santiago de Compostela.

Actualmente calquera organización de nivel medio ha de cumprir uns requisitos básicos de seguridade nos seus sistemas.  Este workshop pretende ser un foro de debate, onde poder expresar dúbidas, coñecer técnicas de xestión, tendencias do mercado, posibilidades de desenvolvemento profesional e como afrontar devanditos desafíos. 

É importante destacar que NON é un curso práctico de técnicas de seguridade ou hacking. 

Temas a debater 

  • Principios de seguridade da información
  • Dominios de seguridade
    • Control de acceso
    • Seguridade en redes e telecomunicaciones
    • Goberno e xestión de riscos
    • Seguridade no desenvolvemento de software
    • Criptografía
    • Arquitectura e Deseño de Seguridade
    • Operacions de Seguridade
    • Continuidade do negocio e Recuperación de Desastres
    • Lexislación, regulamento, investigación e cumprimiento
    • Seguridade Física
  • O sector e a profesión.

Relator 

Roberto Baratta, Chief Information Security Officer en Novagalicia. 

Con 15 anos de experiencia en diferentes responsabilidades da administración de sistemas e seguridade TI, actualmente forma parte de NovaGalicia Banco desempeñando o posto de CISO e Xerente de Seguridade TI. Dende a súa incorporación ven desempeñando varios postos: Responsable Operación Seguridade Informática, IT Security Officer, SystemsAdministrator, Computer Software Analyst. 

Enxeñeiro Superior en Informática, foi Profesor na Universidade de Vigo, na Escola Superior de Enxeñaría Informática e en múltiples cursos de EGAP (Escola Galega Administracións Publicas) en áreas de Seguridade da Información e Tecnoloxía para membros da administración pública en Galicia. É membro de ISMS Forum, CSA SpanishChapter, ISACA, entre outros, e relator habitual en seguridade da información. Conta coas certificacións CRISC - Certified in Risk and InformationSystems Control , CISSP - Information Security, CDPP - Certified Data Privacy Professional.

Lugar e calendario

O curso impartirase os días 18, 19 de outubro e 25, 26 de outubro en horario de 17:00 á 20:00 os venres, e de 10 a 14 horas os sábados

Celebrarase na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela aula n.º 16 (2.ª planta). 

Inscrición

Número de prazas

O curso está previsto para 20 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiados/as, precolexiados/as do CPEIG: 80€
  • NON colexiados/as, precolexiados/as que acepten compromiso de colexiaciónouprecolexiación: 80€
  • NON colexiados/as e NON precolexiados/as: 200 €

Procedemento de inscrición 

O prazo de inscrición deste curso rematou.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o XX de maio na conta corrente de "la Caixa" 2100-2954-75-0200085712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso ("Seguridade").

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso. 

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Requisitos complementarios

  1. Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.

Contacto

Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.