Pasar al contenido principal

O CPEIG celebra o Día Internacional das rapazas nas TIC

Símbolo do CPEIG

O vindeiro día 24 de abril conmemórase o Día Internacional das Rapazas nas TIC (Girls in ICT Day). A International Telecommunications Union (ITU) promove a celebración a prol dunha contorna global que apoie as rapazas para que estas teñan en conta as carreiras do eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

O CESGA promove e  coordina o Proxecto Europeo "ICT-GO-Girls!, Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TI",  que se dirixe ás mozas de entre 12 e 14 anos de idade para proporcionarlles unha imaxe máis atractiva do mundo do emprendemento tecnolóxico e lograr, así,  unha maior presenza feminina no eido das TIC. 

Ao abeiro dese proxecto, o CESGA organizará a xornada, na que tamén colabora o CPEIG. O acto previsto vai dirixido a dar visibilidade ao colectivo de mulleres emprendedoras no eido das TIC e constitúe un espazo de intercambio e comunicación entre elas e as rapazas e rapaces dos institutos de Secundaria de Galicia.

Programa provisional

Preside: Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade

10:00 Benvida: Director do Centro de Supercomputación de Galicia

10:05 As rapazas, emprendemento e as TIC. (Consellería Educación, pendente confirmar persoa)

10:10 O papel da muller na modernización tecnolóxica de Galicia. (Mar Pereira, Directora da AMTEGA)

10:15 O proxecto ICT-Go-Girls! Experiencia tras un ano de proxecto. (María José R. Malmierca, CESGA)

10:20: Mensaxes en vídeo de mulleres relevantes do ámbito español no mundo das TIC, altas executivas de Fujitsu, Siemens, IBM e HP.

10:25-10:55  Visión e experiencia de catro mulleres galegas emprendedoras nas TIC:

11:00  Preguntas e comentarios por parte do alumnado dos centros de secundaria participantes, conectados por videoconferencia.

  • CPI O Cruce, Cerceda
  • IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela
  • IES Ribeira do Louro, O Porriño
  • IES A Sardiñeira,  A Coruña
  • Tesdai (FP), Santiago de Compostela
  • Colexio Montespiño,  A Coruña
  • IES Pedro Floriani, Redondela
  • IES Nº1 de Ribeira, Ribeira
  • IES Poeta Díaz Castro, Guitiriz
  • CPI Vicente Otero Valcárcel, Carral
  • IES Republica Oriental de Uruguay, Vigo
  • IES San Clemente, Santiago de Compostela
  • CPI Viano Pequeno de Trazo, Viaño Pequeno (A Coruña)

11:30. Peche do acto. Secretaria Xeral de Igualdade.