Pasar al contenido principal

Fernando Súarez, Vicepresidente da Comisión de Acreditación do Selo EURO-INF da ANECA

Símbolo do CPEIG

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, vén de participar na creación da Comisión da Acreditación EURO-INF, selo de calidade para títulos de Grao e Máster en Informática promovido pola Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (Aneca). Desde a pasada semana, Suárez Lorenzo -en representación do Consejo de Colegios de Ingenieros en Informática- é o vicepresidente da mencionada comisión.

O selo EURO-INF abrangue todas as especialidades de Informática e é un recoñecemento internacional, implantado nun total de once países, que facilita tanto a mobilidade académica como a profesional.

Funcións do vicepresidente

Fernando Suárez terá, como vicepresidente da Comisión da Acreditación EURO-INF, as seguintes funcións: será o responsable último da comisión; velará polo funcionamento axeitado da mesma; liderará e moderará as xuntanzas; coordinará, xunto coa secretaria, o traballo da Comisión; asignará os expedientes a avaliar, indicará o relator e avaliador de cada título; revisará todos os informes de xeito previo e posterior á xuntanza de consenso e asinará os informes para a obtención do selo.

A composición da Comisión de Acreditación de EURO-INFO quedou fixada do seguinte xeito:

Composicion Comision Acreditacion EURO-INF