Pasar al contenido principal

Curso Auditoría Hacking Etico

Símbolo do CPEIG

Santiago de Compostela,  20 de maio de 2014.- O C.P.R. Aula Nosa, coa colaboración do CPEIG, organiza o Curso Auditoría Hacking Etico

O curso está orientado a persoal técnico, administradores de sistemas, responsables de seguridade, responsables de TI, técnicos informáticos ou de telecomunicacións e calquera persoa interesada na auditoría de seguridade.

Temario do curso

Modulo 1: Introduccion ao Hacking Etico

  • Quen é un hacker
  • Hacktivismo
  • Necesidade do Hacking ético

Modulo 2: Adquisición de obxetivos

  • Rastreo e exploración
  • Escaneado

Modulo 3: Recoñecemento do obxetivo

  • Enumeración do sistema
  • Sniffers

Modulo 4: Ataque de obxetivo

  • Hacking do sistema
  • Hacking Password
  • Malware: Troyanos, portas traseiras, virus e gusanos

Módulo 5: Ataque de obxetivo II

  • Enxeñaría Social, Phishing e hacking de contas de correo.
  • Denegación de Servicio DoS.
  • Hacking e vulnerabilidades de servidores web.
  • Inyección SQL.
  • Hacking a redes inalámbricas.
  • Desbordamento de pila: Buffer Overflow
  • Tecnoloxías de proxy para navegación anónima.
  • Hacking dispositivos móviles.
  • Hacking dispositivos USB
  • Tecnoloxías de espionaxe electrónico.
  • Utilización de Metasploit.
  • Programación: Introducción a Windows scripting 

Relator 

O docente é Pedro Sanchez Cordero, recoñecido profesional da seguridade e o peritaxe informático a nivel nacional. O seu blog é http://conexioninversa.blogspot.com.es/

Podése atopar en Linkedin (https://www.linkedin.com/profile/view?id=25690371&locale=en_US&trk=tyah…). 

Lugar e datas 

O curso "Auditoría de Hacking Etico" ten unha duración de 30 horas repartidas en dous fins de semana. Son o 31 de Maio, 1 , 7 e 8 de Xuño. O horario será de 10 a 2 e de 4 a 8 os sábados 31 e 7. Os domingos os horarios será de 10 a 2 e de 4 a 7.

O prazo de inscrición finaliza o xoves 29 de Maio. O número máximo de prazas será 20. A dirección de correo para inscribirse a el é: info@aulanosa.es ou ben chamando aos teléfonos: 981250019 / 658238542

O curso impartirase no C.P.R. Aula Nosa, Rúa do Mosteiro de Caaveiro, 1, na Coruña. 

O prezo do curso é de 390€, IVE incluído. É necesario facer unha reserva de praza pagando o 15% (58€) á hora de inscribirse e o resto antes de empezar o curso.

Cada alumno debe traer o seu portátil. En caso de non dispor dun, no centro poderán facilitar un equipo.