Pasar al contenido principal

O CPEIG asiste maña ao acto de graduación na Escola Superior de Enxeñaría en Informática do Campus de Ourense

Símbolo do CPEIG

O vicepresidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Juan Otero Pombo, asistirá mañá venres, día 20, ao acto de graduación da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, no Campus de Ourense. O acto terá lugar a partir das sete do serán no Salón Marie Curie da ESEI.

A través da representación oficial do CPEIG nos actos académicos coma o previsto mañá, o colexio procura estar presente non só no eido profesional, senón tamén entre o estudantil para divulgar a importancia da colexiación entre os novos profesionais.