Pasar al contenido principal

O vicepresidente do CPEIG, convidado ao acto de clausura do posgrago XEMTE, no que colabora o colexio

Logo XEMTE

O vicepresidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Juan Otero Pombo, asistiu o pasado día 18 de xullo ao acto de clausura do Posgrao de Especialización en Xestión Empresarial e Tecnoloxía Xemte, que tivo lugar no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña.

O CPEIG é unha entidade colaboradora do posgrao, organizado pola empresa Emetel, que á súa vez patrocina a Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, acto de referencia do sector TIC galego e que organiza o colexio. A Universidade da Coruña e a Fundación Universidade da Coruña son coorganizadoras, xunto con Emetel, do posgrao.

Nesta primeira promoción, matriculáronse un total de 17 alumnos, seleccionados de entre máis de 30 solicitudes, unhas cifras que, consonte á opinión de Otero Pombo "merecen unha felicitación nuns tempos, coma os actuais, nos que as universidades sofren  unha baixada  moi importante no número de matrículas nos seus masters e cursos de posgrao". 

Mediante a presenza oficial do CPEIG en actos académicos coma o celebrado, o CPEIG procura estar presente non só no eido profesional, senón tamén entre o estudantil para divulgar a importancia da colexiación entre os novos profesionais da Enxeñaría en Informática.