Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), e Ignacio Pascual Reparaz, director do Centro de Institucións Galicia de La Caixa, asinaron o pasado día 11 de decembro en Santiago de Compostela un convenio de colaboración.
De acordo co texto rubricado, a entidade financeira realizará unha oferta de produtos e servizos, destinada a todos os membros do CPEIG, en condicións especiais, segundo podes consultar no folleto xunto.
Mediante a sinatura do presente convenio, a Xunta de Goberno do CPEIG continúa a súa intensa rolda de contactos con entidades e organismos na busca de vantaxes para as enxeñeiras e enxeñeiros colexiados.