Pasar al contenido principal

Celebrado o evento Organización 2.0, que abordou as últimas tendencias en transformación dixital

Símbolo do CPEIG

O pasado 26 de marzo a Cidade da Cultura acolleu a celebración da conferencia "Organización 2.0", evento que abordou as últimas tendencias en transformación dixital, encontros colaborativos e social enterprise. A organización contou coa colaboración do CPEIG.

A transformación dixital creou un novo escenario no que as organizacións deben atopar o seu espazo. A partir desa premisa, varios relatores como Lee Bryant, Guy Reid, Jeroen Sangers ou Xavier Orozco analizaron as novas formas de traballo e colaboración, o social business e os modelos de negocio dixital.

"Organización 2.0" está recoñecido coma o evento sobre transformación dixital nas organizacións máis importante de todo o norte peninsular. Ademais dos relatorios, a conferencia tamén contou coa exposición de casos de éxito de organizacións que xa usan este tipo de tecnoloxía, como son o caso de Vodafone, Bosch, Kaleido ou Atos.

A empresa Comasis, que realiza proxectos de tecnoloxías da información e Internet, organizou o encontro.