Pasar al contenido principal

O CCII organiza o Primeiro Congreso Europeo de Enxeñaría Informática o día 20 de Abril

Logo do CCII

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Informática de España (CCII nas súas siglas en castelán) ultima os preparativos da "Semanainformatica.com 2015", que se celebrará do 20 a 24 de abril baixo o lema "10 anos impulsando un mundo dixital" con actividades en Madrid, Valencia e Castellón.

A novidade principal é a celebración do "I Congreso Europeo de Enxeñería Informática", previsto en Madrid o luns 20 de abril.

Máis información sobre o evento: http://www.semanainformatica.com/edicion-2015

"Semanainformatica.com" consolidouse coma un dos eventos máis importantes de España no eido das tecnoloxías da información. Presenta unha estrutura de sesións nas que se combinan xornadas técnicas, charlas, seminarios e conferencias impartidas por profesionais de especial relevancia.

As sesións temáticas están orientadas á creación real de valor para os asistentes, xa sexa na reciclaxe profesional, na actualización nas últimas novidades TIC, o networking, o coñecemento de novas solución ou as oportunidades de negocio.

Entre outros colaboracións, destaca a do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.