Pasar al contenido principal

O CPEIG organiza o Curso de Análise Forense en Dispositivos Móbiles

Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) abre o plazo de inscripción no curso Analise Forense en dispositivos Móbiles, ofertando un total de 20 prazas.

O obxectivo do curso é aprender as novas técnicas de adquisición, preservación e análise en dispositivos móbiles. Neste curso os asistentes poderán adquirir os coñecementos necesarios e ferramentas coas que abordar con éxito unha análise forense.

O curso ten unha duración de 30 horas e está orientado a técnicos, técnicos especialistas, informáticos, técnicos e responsables da seguridade da información, analistas forenses, peritos xudiciais e peritos informáticos. Tamén a calquera entusiasta da tecnoloxía.

Contidos

  • Tarxetas SIM/USIM
    • Descrición e arquitectura interna
    • Datos nos cartóns SIM/USIM
    • Clonado físico de cartóns SIM
    • Adquisición de evidencias
  • Dispositivos windows phone
    • Arquitectura de Windows Phone
    • Estructura da memoria
    • Estructura de ficheiros
    • Arquitectura interna e modelo de seguridade
    • Sistema de arquivos iNTFS
    • Recovery
    • Tarxetas SD
    • Adquisición de evidencias
    • Clonados vs arquivos
    • Ferramentas de extracción.
    • Utilidades comerciais
  • Dispositivos Blackberry
    • Arquitectura interna e modelo de seguridade
    • Sistema de arquivos
    • Tarxetas SD
    • Adquisición de evidencias
  • Modelos non convencionais
    • Chip Off
    • Reanimate
  • Dispositivos IOS ‐ iPhone
    • Adquirindo a evidencia dixital
      • Adquisición dende un Backup de iTunes
      • Adquisición dende iCloud
      • Adquisición de copia bit a bit
      • Adquisición de copia lóxica
    • Análise da evidencia adquirida
      • Análise de Contactos, Chamadas, Mail, Fotos e Videos, Mensaxes de Texto, Notas, Calendario de Eventos, Navegación desde Safari, Spotlight, Mapas, Notas de Voz, Preferencias do Sistema, Logs do Sistema, Diccionarios Dinámicos, Aplicaciones Third Party, Información Eliminada
      • ¿Novedades en iOS 8 a analizar?
      • Análise Con Ferramentas libres ou gratuitas
      • Análise Con Ferramentas Comerciais
  • Dispositivos Android
    • Android Internals
    • Sistema de arquivos YAFFS2
    • Información e configuración do sistema
    • Dalvik VM vs ART
    • Adquisición de evidencias
    • Análise da memoria
    • Bloqueo/desbloqueo do dispositivo
    • Emuladores: SDK & Genymotion
    • Os Logs en Android
    • As aplicacións en Android: Estructura interna de APKs
    • Análise forense de aplicacións
    • Malware en android

Relator

Pedro Sanchez. Enxeñeiro Informático. Traballou en importantes empresas como consultor especializado en Computer Forensics, Honeynets, detección de intrusións, redes trampa e pen-testing. Implantou normas ISO 27001, CMMI (nivel 5), PCI-DSS e diversas metodoloxías de seguridade especialmente no sector bancario. Durante mais de dez anos estivo como Responsable de Seguridade da Asociación Técnica de Caixas de Aforros.

Tamén colabora sobre seguridade, peritaxe e análise forense informático con diversas organizacións comerciais e coas forzas de seguridade do estado.

Participou nas xornadas JWID/CWID organizadas polo ministerio de defensa, onde lle concederón a certificación OTAN SECRET.

Actualmente é membro da Spanish Honeynet Project, fundador de Conexión Inversa e traballa como Information Security and Forensics Consultant para dúas grandes compañías como Bitdefender e Google Inc. Tamén é Perito Xudicial Informático adscrito á Asociación Nacional de Tasadores e Peritos Informáticos Xudiciais e autor do blog CONEXIONINVERSA.

Lugar e calendario

O curso impartirase o 18, 19, 25, 26 de Setembro, 2, 3, 9, e 10 de Outubro. 

Os venres 18, 25, 2 e 9 o horario sería de 17:00 a 20:30. Os sábados 19, 26, 3 e 10 sería de 9:30 a 13:30

Celebraráse en Santiago de Compostela. 

Inscrición

Número de prazas

O curso está previsto para 20 asistentes. As prazas asignaranse en rigoroso orde de solicitude de inscrición.

Cota de inscrición

O importe da cota de inscrición é o seguinte:

  • Membros colexiadas/os do CPEIG e CPETIG, e estudantes de Enxeñería Informática dos últimos cursos: 300€ (se se precisa factura de servizos incrementarase co correspondente IVE)
  • Alumna/o de empresa Cluster TIC Galicia:  420 € + IVE
  • Outro Alumnado: 680€ + IVE 

Procedemento de inscrición 

Para inscribirse debera de cumplimentar o seguinte formulario.

O procedemento de pago da cota é o seguinte:

  • Membros colexiados/as e precolexiados/as. A cota será cargada polo colexio na conta corrente do/a colexiado/a.

  • Persoas con compromiso de colexiación/precolexiación ou non colexiadas/precolexiadas. A cota de inscrición do curso deberá ingresarse até o 16 de septembro na conta corrente de "la Caixa" ES22-2100-2954-7502-0008-5712. No concepto do ingreso deberá figurar o DNI, o nome do asistente ao curso e o nome do curso ("Móbiles").

O Colexio emitirá un recibo bancario polo importe das matrículas.

No caso de que se superase o número de prazas dispoñibles, o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas que quedasen fora da lista de admitidos/as do curso. 

A inscrición proporciona o dereito de asistencia ao curso, pero non obrigará ao colexio a devolver o importe ingresado no caso da non asistencia da persoa admitida no curso.

Así mesmo, no caso de que o número de asistentes sexa insuficiente, o CPEIG poderá suspender a actividade formativa. En tal caso o CPEIG reingresará o importe da cota a aquelas persoas inscritas.

Requisitos complementarios

  1. Será precisa a identificación dos/das alumnos/as inscritos/as por medio do seu DNI.

  2. Aquelas persoas non colexiadas que asumisen o compromiso de colexiación deberán presentar a documentación esixida para a colexiación.

  3. Aquelas persoas non precolexiadas que asumisen o compromiso de precolexiación deberán presentar a documentación esixida para a precolexiación.

Contacto

Para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida dirixirse o Presidente da Comisión de Formación, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4@cpeig.org

(*) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non colexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á colexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de colexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.

(**) Durante o proceso de cumprimentación do formulario de inscrición, aquelas persoas non precolexiadas, e que estén en disposición de facelo, poderán comprometerse á precolexiación. Este compromiso formalizarase o primeiro día do curso presentando a documentación esixida. No caso de optar por este mecanismo, e se así o desexa o/a solicitante, non será preciso presentar as copias compulsadas descritas no proceso de precolexiación. Será suficiente presentar as fotocopias e os orixinais para cotexar o mesmo día do inicio do curso.