Pasar al contenido principal

As contas do CPEIG, examinadas cun informe favorable dunha auditoría independente

Símbolo do CPEIG

Santiago de Compostela, 09 de setembro de 2015.-A Xunta de Goberno do CPEIG, a prol dunha maior transparencia na actividade do colexio, encargoulle á empresa a3m Auditores que examinase a xestión económica do colexio correspondente ao ano 2014. Esta decisión tomouse por iniciativa dos membros da propia Xunta e sen que mediase obriga legal ningunha.

A continuación, reprodúcese a opinión do informe da consultora: "Na nosa opinión, as contas anuais abreviadas xuntas expresan, en todos os aspectos significativos, a imaxe fiel do patrimonio e da situación financeira do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia a 31 de decembro de 2014, así como dos seus resultados correspondentes ao exercicio anual rematado en dita data, de conformidade co marco normativo de información financeira que resulta de aplicación e, en particular, cos principios e criterios contables contidos no mesmo".