Pasar al contenido principal

O programa de prácticas "Mozos con futuro" busca os mellores desenvolvedores de software

Símbolo do CPEIG

Se es unha persoa moza, che gusta programar e o ambiente startup, estás a tempo de apuntarte no programa "Mozos con Futuro" e, se demostras o teu talento, conseguirás un traballo nunha startup. StepOne convoca este programa para promover a innovación e apoiar a empresas no seu crecemento e expansión internacional.

A iniciativa, que quere captar talento español, vai dirixido a enxeñeiros informáticos, telecos ou matemáticos recentemente graduados e con ganas de vivir unha experiencia profesional. Podes obter máis información e inscribirte aquí http://www.stepone.com/es/. O prazo de inscrición remata o día 20 do presente mes de decembro.

A rede de StepOne facilita o acceso aos principais nodos e ecosistemas de innovación en todo o mundo, aproveitando os Scale up Labs en Madrid, San Francisco, México DF, Boston, Londres, Barcelona, Helsinki e Shanghai.