Pasar al contenido principal

A Nova Escola Galega organiza un seminario internacional sobre as TIC no ensino coa participación do Colexio

Símbolo do CPEIG

O Grupo de Investigación de Materiais Didácticos CAVILA (Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, NEG)  organiza os vindeiros  días 19 e 20 de febreiro un seminario para axudarlles ás familias e ao profesorado a avaliar os recursos tecnolóxicos que se empregan e que se poden empregar no ámbito do ensino: potencialidades, consellos para usalos de maneira axeitada, riscos dun mal emprego, etc.

A organización do evento requiriu a participación do CPEIG, que suma así unha iniciativa máis na difusión da importancia da formación en novas tecnoloxías na sociedade actual para todos os colectivos: nenas, nenos, nais, pais e educadores. Desde o CPEIG, consideramos que para entender o mundo actual é preciso ter coñecementos técnicos tanto para aproveitar as oportunidades que ofrece Internet como para coñecer os riscos aos que nos enfrontamos. 

O encontro que organiza a Nova Escola Galega é a sétima edición do ciclo de seminarios que impulsa o devandito grupo e que se desenvolverá no CPI de Vedra (A Coruña). Entre outros relatores, intervirá o presidente do CPEIG,  Fernando Suárez. O "Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos" comezará na tarde do venres 19 e desenvolverase consonte ao seguinte programa:

Venres, 19 de febreiro

  • 16:30 Recolla de material
  • 17:00 Acto de inauguración
  • 17:30 Mesa de debate: Luces e sombras na rede: inquedanzas e alternativas. Silvia López Gómez (USC), Mª Victoria Carrera Fernández (Universidade de Vigo), Fernando Suárez Lorenzo (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), Ramón Luís Gil Sánchez (Coord. de Abalar e E¬dixgal ¬ zona Ferrol), representante da ANPA do CPI de Vedra.
  • 19:30 Conferencia e presentación literaria: Que teñen as redes sociais. Claves psicosociais, educativas e humanas. Antonio Rial Boubeta (USC)Presentación da Revista Galega de Educación, no 62: Redes sociais e ensino. Ana Rodríguez Groba e Fernando Fraga Varela (Grupo de Investigación Stellae).

Sábado, 20 de febreiro

Pódese elixir dous dos seguintes obradoiros:

  • Experiencias didácticas relacionadas coa educación e as ONGD nas distintas redes. Marta Esplugues Cebrian (Mestra da escola pública – Valencia).
  • Como potenciar o carácter educativo dos xoguetes e videoxogos, na escola e na familia. Silvia López Gómez (USC).· Deseño e avaliación de webquest. Avaliación de software para a creación de materiais educativos dixitais contra o acoso escolar. Almudena Alonso Ferreiro (USC).
  • Música. Análise de materiais didácticos e propostas educativas. Rosa María Vicente Álvarez (Mestra da escola pública – Galicia).
  • Educar no uso de Internet e as TIC: claves para comprender e previr (ciberbullyng, sexting, grooming, problemas de socialización e adicción). Antonio Rial Boubeta e Carmen Barreiro Couto (USC).
  • Materiais para a escola, materiais para a familia: que nos ofrecen os concellos? Denébola Álvarez Seoane (USC).· Educar implica tod@s –Recursos pedagóxicos da WEB 2.0 na promoción da relación Escola/Familia.Daniela Alexandra Ramos Gonçalves (Escola Superior de Educaçao de Paula Frassinetti).
  • Avaliación de materiais do ámbito das matemáticas en Ed. Infantil e Ed. Primaria. Na procura de recursos matemáticos inclusivos. Grupo Hexágono (grupo de traballo de profesorado e mestras do ensino xeral).
  • Análise de libros de texto de educación básica. Fernando Guimarães (Universidade do Minho).