A Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) convocou o exame para certificarse como Delegado de Protección de Datos, que se celebrará o 16 de xullo en Oleiros (rúa Salvador de Madrariaga, 50.), en horario de 16:00 a 20:00 horas, a través da Asociación Española para el Fomento de la Seguridad de la Información (ISMS Forum) da que o CPEIG é socio promotor do capítulo galego de ISMS Forum e con presenza no Board do capítulo.
- Convocatoria de Economía do dato e Contidos dixitais. Esta convocatoria persegue financiar proxectos de empresas baseados no desenvolvemento tecnolóxico sobre os seguintes contidos dixitais: posta a disposición de datos de forma masiva e en formatos reutilizables, tratamento de datos aplicado á mellora da asistencia sanitaria e ás crises sanitarias, videoxogos, publicidade dixital, redes sociais e aplicacións móbiles, entre outros. Dotación orzamentaria do programa: 15 millóns de euros.
O Consejo General de Colegios Oficiales de Ingeniería en Informática (CCII) publica unha nova enquisa sobre Intelixencia Artificial debido ao cambio no que a sociedade se viu inmersa durante estes meses, para ver as súas percepcións actuais
Accede á enquisa: http://mtr.cool/btgkqtnjhz
Na súa edición de 2020, os Premios de Investigación da Sociedad Científica Informática de España (SCIE) – Fundación BBVA distinguen a varios investigadores galegos:
-A empresa TORUSWARE obtivo o Premio Ramón Llull. O CPEIG ofreceu o seu respaldo a esta candidatura enviando á organización dos premios unha "Carta de apoio"