Recollerá a distinción na gala da "XI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia" o 28 de xuño en Santiago
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), no marco dos seus premios anuais de A Noite, outorga o premio Colexiado de Honra ao director xeral de Mobile World Capital Barcelona (MWCapital), Carlos Grau Lara, polo seu labor profesional no ámbito da tecnoloxías da información e as comunicacións, así como no desenvolvemento de negocio dixital.