Pasar al contenido principal

Xornada Ciberdelitos e outros asuntos telemáticos.

Logotipo da escola galega de administracións públicas (EGAP)

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza unha Xornada xudicial na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o vindeiro 20 de maio de 17:00 a 20:00, en Santiago de Compostela.

Esta actividade divulgativa busca informar e concienciar dos avances tecnolóxicos en materia probatoria e sobre as novas plataformas que o xulgado pon ao servizo dos profesionais relacionados con ese ámbito.

A actividade está orientada, por unha banda aos profesionais TIC, especialmente peritos informáticos para que poidan coñecer máis detalles legais que poden afectar ao seu labor e, por outra banda a profesionais da xustiza, xuristas que necesitan estar ao tanto dos cambios que a tecnoloxía xera na nosa sociedade e como consecuencia no noso día a día.

O obxectivo divulgativo desta xornada fai que sexa moi interesante para os profesionais de calquera rama xa que a tecnoloxía é a base da nosa sociedade nestes momentos e aféctanos a todos. Forzas de seguridade do estado, notarios, peritos de todas as ramas, profesionais que traballan coa tecnoloxía e as plataformas online que a administración lles brinda, etc.

Hai que ter en conta que o desenvolvemento dos dispositivos móbiles, internet e outras tecnoloxías abriron un amplo abanico de posibilidades para as relacións sociais e comerciais pero tamén posibles riscos, moitas veces descoñecidos. Esta evolución, xunto cos cambios normativos que a acompañan, fai necesario coñecer a nova realidade tecnolóxica e os condicionantes legais que derivan delas.

Programa

  • Ponencia: Comunicacións telemáticas a través de LEXNET e Subastas electrónicas.
    Impartida por: Fernando Santiso Vázquez
  • Ponencia: Dereito penal e delitos cibernéticos, o día a día.
    Impartida por: Luis Jurado Cano
  • Ponenecia: Cumprimiento normativo empresarial ou corporate compliance. A nova necesidade de peritos.
    Impartida por: Juan Antonio Frago Amada
  • Mesa redonda: O impacto das TIC en ámbitos legais. Modera un membro da Xunta de Goberno do CPEIG

Ponentes

Fernando Santiso Vázquez

Ponencia: Comunicacións telemáticas a través de LEXNET e Subastas electrónicas

O relatorio analizará os cambios sufridos no último ano, no que se aprobaron diversas reformas lexislativas co obxectivo de impulsar o uso das novas tecnoloxías no ámbito da Administración de Xustiza, a fin de limitar o uso do papel e para obter un aforro de custos do procedemento e aumentar a transparencia. Manifestación diso é o desenvolvemento e xeneralización no uso da aplicación Lexnet para a presentación de escritos iniciadores e de trámite, así como traslado de copias, e a celebración electrónica de subastas xudiciais e notariais a través do Portal de Subastas do BOE.

Biografía

Letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Mercantil nº 1 de A Coruña. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, é funcionario titular pertencente ao Corpo de Letrados da Administración de Xustiza desde o ano 2008. Actualmente está destinado no Xulgado do Mercantil nº 1 de A Coruña, desde o ano 2014, xulgado no que leva a tramitación do procedemento concursal máis grande de Europa, da entidade MARTINSA-FADESA SA. Impartiu diversos relatorios en materia de liquidación concursal e subastas electrónicas e novas tecnoloxías.

Luis Jurado Cano

Ponencia: Dereito penal e delitos cibernéticos, o día a día

Falar de hackers, delitos e cibercriminaies adoita ser sinónimo de artigo sensacionalista. Algo moi distinto ao meu día a día, onde adoito atoparme con situacións variadas. Como avogado penalista especialista en delitos telemáticos exporei cales son os supostos máis habituais, que artigo regúlaos e como enfrontarnos a esas situacións.

Biografía

Avogado con experiencia na área de Dereito Procesual, Penal e no ámbito da Seguridade Informática.

Linkedin: https://www.linkedin.com/in/luisjuradocano

Participación en CyberCamp de Incibe: https://www.youtube.com/watch?v=a5GRfAL8oDc

Juan Antonio Frago Amada

Ponenecia: Cumprimiento normativo empresarial ou corporate compliance. A nova necesidade de peritos.

As reformas de 2010 e 2015 do Código penal impoñen que as empresas deban previr por se mesmas a comisión de até 26 delitos distintos. Ademais, isto leva tamén a necesidade da existencia de peritos no ámbito da proba da concorrencia de determinados delitos e da adaptación da empresa ás regras internacionalmente aceptadas.

Biografía

Fiscal de delitos económicos do Xulgado de A Coruña. 4 premios nacionais e internacionais de Dereito penal. Supera con 26 anos as oposicións á carreira xudicial e fiscal. Desde 2007 fiscal en Santiago de Compostela (participando nos delitos de estranxeiría e contra os dereitos dos traballadores) e desde 2010 (2010-2013 grupo de delitos urbanísticos e ambientais e desde 2013 até agora grupo de delitos económicos).

Editor do blog "En ocasiones veo reos" con + de 950.000 visitas, sendo o máis seguido do país. Con máis de dez publicacións centradas en delitos económicos, de novas tecnoloxías e de dereito procesual, sendo dos autores máis seguidos no relativo á nova responsabilidade penal da persoa xurídica.

Autor do blog: http://enocasionesveoreos.blogspot.com.es/

Perfil google+: https://plus.google.com/110237091426219653658/posts

Inscrición

O custe desta xornada para non colexiados do CPEIG é de 60€ IVE incluido. Para inscribirse nesta xornada, faga clic aquí