Pasar al contenido principal

O CPEIG estará presente no festival "Mundos digitales", previsto para o mes de xullo, para moderar un dos encontros

Mundos digitales

A organización do festival "Mundos Digitales" convidou o CPEIG a moderar o vindeiro día 16 de xullo o encontro "New media. New challenges", que terá lugar no Palexco da Coruña con destacados expertos. 

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, actuará como moderador nesa xornada, concibida "coma unha viaxe por un mundo exponencial, onde cada década marca unha velocidade de avance no sector audiovisual cada vez maior. Unha viaxe que comeza coa capacidade de comunicarse do ser humano e que actualmente descobre novas linguaxes a través da tecnoloxía, segundo sinala a organización".

Como expertos intervirán os seguintes relatores: Manuel Meijide, directo de ILUX Visual Technologies, compañía especializada na visualización avanzada e novos media; Roberto Romero, que traballa en proxectos para a nova realidade virtual e foi nomeado Global Shapper en 2013 polo World Economic Forum; o profesor Ximo Lizana, premio Nacional de Arte Contemporánea, asesor tecnolóxico das principais axencias publicitarias internacionais; e María Porto, co-fundadora de Aqualim xunto con Manuel Meijide, empresa que asesora a máis de 40 grandes corporacións internacionais e crea tecnoloxía que tardará entre 10 e 15 anos en chegar ás canles de comunicación convencional.