Pasar al contenido principal

Catedral e CPEIG unen esforzos para desenvolver o emprego das novas tecnoloxías

Convenio Catedral Santiago

O CPEIG e a Fundación da Catedral veñen de poñer pos escrito a súa vontade de combinar esforzos e cooperar para o desenvolvemento do emprego das novas tecnoloxías e da sociedade da información na promoción, fomento, difusión e posta en valor da Catedral de Compostela e o Camiño de Santiago. Deste xeito, rubricaron o pasado 14 de xullo un convenio de colaboración que é o punto de partida dunha serie de proxectos que se desenvolverán conxuntamente.

Consonte ao texto firmado, corresponderalle ás partes a busca de fontes de financiamento para a posta en marcha dos programas concretos que resulten dos acordos aos que se refire o convenio. Ademais, crearase unha comisión formada por un representante de cada unha das partes asinantes que será a encargada do seguimento e primeira interpretación do convenio así coma do control para a cumprimento da finalidade dos acordos, co fin de conseguir os obxectivos que se marcan ambas as dúas partes. 

Asinou por parte da Catedral o seu administrador, Gonzalo García Figueroa, e por parte do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, presidente do colexio.

O acordo asinado inscríbese nunha serie de convenios que o CPEIG mantén con distintas entidades a prol do desenvolvemento da sociedade da información en Galicia.