Pasar al contenido principal

O CPEIG estará presente no Congreso CEDI, que se celebrará no mes de setembro en Salamanca

CEDI 2016

O CPEIG participará nunha mesa redonda na V Edición do Congreso Español de Informática -que se  celebrará do 13 ao 16 de setembro na cidade de Salamanca- a través do seu presidente, Fernando Suárez, quen tamén é vicepresidente do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática (CCII).

O encontro  está estruturado en formato multi-congreso ecobre todos os campos nos que na actualidade incide a informática. A presente edición do CEDI está organizado pola SCIE e o grupo de investigación BISITE da Universidade de Salamanca

O congreso CEDI ten, como principal obxectivo, servir de marco de encontro para profesionais que se dedican preferentemente á investigación, desenvolvemento, innovación e ensino universitario dentro do ámbito da enxeñaría informática.

Actualmente, os eventos que se enmarcan dentro do CEDI 2016 son: 

O portal oficial do congreso CEDI é http://www.congresocedi.es, pero tamén podes seguir as novidades a través de Facebook Twitter.