Pasar al contenido principal

O Consello da Xunta de Galicia aproba os estatutos do colexio

Logotipo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

O Consello da Xunta de Galicia ven de aprobar o pasado xoves 15 de maio os estatutos do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

Con esta aprobación dase un paso de xigante na constitución formal e legal do colexio, salvando a etapa máis longa das que restaban por realizar logo da Asemblea constituínte do pasado decembro de 2007. Para poder culminar esta etapa o colexio tivo que modificar os seus estatutos a través dunha Asemblea extraordinaria que se celebrou o derradeiro sábado do mes de marzo de 2008.

O decreto que avala os estatutos do colexio publicarase no DOG nun prazo aproximado de 30 días. A partir dese momento o colexio deberá inscribirse en diferentes rexistros para finalizar a súa constitución legal.