Pasar al contenido principal

Fernando Suárez dálles a benvida ás novas promocións da ESEI e preséntalles as vantaxes da colexiación

Benvida ESEI 2016

O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, participou o pasado 9 de setembro no acto de acollida ás novas promocións da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, no campus de Ourense, convidado polo director, Francisco Javier Rodríguez Martínez, á súa vez tesoureiro do Colexio.

Suárez Lorenzo referiuse ao elevado nivel de inserción laboral dos estudos de Informática e falou polo miúdo das vantaxes da colexiación. Apoiouse, así,  na "forza da unión", para facerlle ver ao alumnado a importancia dunha organización "moderna, transparente e participativa. Un ente que defende e representa o título e a profesión á procura da regulación da mesma".

O presidente detallou os beneficios e vantaxes de pertenceren ao Colexio e animou aos presentes a achegarse ao ente para formular todas aquelas preguntas que desexen.

No acto de benvida participou tamén o presidente do CPETIG, Marcos Mata.