Pasar al contenido principal

O CPEIG amosa a súa satisfacción pola inclusión da Axenda Dixital nas prioridades do novo goberno

Alvaro Nadal

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) valora moi positivamente a creación do novo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, anunciado onte, xoves 3 de novembro,  polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

A inclusión da Axenda Dixital no nome da carteira ministerial de novo cuño interprétaa como a incorporación das cuestións relacionadas co sector TI dentro das prioridades do novo Executivo.

En opinión do Colexio, o desenvolvemento da Sociedade da Información "cobra o protagonismo merecido, aínda que sumado a outras responsabilidades como son o turismo e a enerxía". En todo caso, e segundo parece nunha primeira interpretación da nova configuración ministerial, a nova carteira asumirá todo o relacionado coas novas tecnoloxías, o que seguramente anuncie unha maior coordinación das accións do Goberno en relación ao sector TI e o impulso á Sociedade da Información.

Cómpre lembrar que a Axenda Dixital, aprobada en 2013 polo Consello de Ministros, é a estratexia do Goberno para desenvolver a economía e a sociedade dixital en España. Segundo sinala o Executivo, "esta estratexia configúrase como o paraugas de todas as accións do Goberno en materia de Telecomunicacións e de Sociedade da Información".

Álvaro Naval (Madrid 1970) estará ao fronte da nova carteira ministerial. Nado en Madrid en 1970, licenciado en Dereito e Ciencias Económicas, é doutorado en Harvard. Ata o seu nomeamento foi o director da Oficina Económica da Moncloa.