Pasar al contenido principal

Convocada a quinta edición do premio de postais de Nadal do CPEIG

Nadal 2015

O CPEIG convoca, por quinto ano consecutivo, o concurso de postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas que estean a cursar Infantil ou Primaria, teñan un máximo de 13 anos de idade e sexan familiares das persoas colexiadas. O prazo  para presentarse ao certame ábrese o día 17 de novembro e rematará o día 8 de decembro. A obra gañadora será a felicitación oficial do Colexio para estas festas.

O certame convócase consonte ás seguintes bases:

  1. Técnica: A técnica é libre, podéndose empregar pinturas, témperas, ceras, collage, etc. O formato pode ser vertical ou horizontal. 
  2. Datas de entrega: desde o 17 de novembro ata as 23:59 do día 8 de decembro de 2016. 
  3. Forma de entrega: As candidaturas enviaranse por correo electrónico ao enderezo informacion@cpeig.gal, indicando o nome, apelidos, teléfono de contacto e idade da/o nena/o, xuntando a postal dixitalizada en formato jpg ou png e cunha resolución mínima de 300 puntos por polgada. O CPEIG enviará no prazo máximo de 24 horas un correo electrónico confirmando a inscrición da postal no concurso. Os debuxos non poden conter ningún sinal que permita identificar a autora ou autor. 
  4. Xurado
    • Estará composto por un mínimo de 3 persoas. 
    • Calquera colexiada/o que non presente candidaturas e así o solicite poderá formar parte do xurado. 
    • O xurado valorará a creatividade e a adecuación ao tema proposto.   
    • Os membros do xurado descoñecerán a autoría das postais.
    • Cada membro do xurado asignará 5, 4, 3, 2 e 1 puntos ás que considere as 5 mellores postais. 
    • O traballo que obteña a maior puntuación, unha vez sumadas as cualificacións outorgadas por cada membro do xurado, será o gañador. En caso de empate, a obra gañadora decidirase por sorteo. 
    • O fallo do xurado farase público na web do colexio (www.cpeig.gal) antes do día 12 de decembro.
  1. Premio: A postal gañadora será a empregada como postal de Nadal do CPEIG para 2016 e o gañador ou gañadora recibirá unha tableta de 10 polgadas.

Animade ás vosas pequenas e pequenos a participaren!