Pasar al contenido principal

Ofrecemos unha charla sobre redes sociais e menores en Arzúa o pasado 12 de novembro

Charla Arzua

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, ofreceu o pasado sábado, día 12 de novembro, unha charla na localidade coruñesa de Arzúa sobre redes sociais e menores. Un total de 40 asistentes, entre nais, pais e rapaces, xuntáronse para escoitar as recomendacións. O Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral convidou o CPEIG ao coloquio dentro das accións formativas programadas para o presente curso. 

O acto de Arzúa súmase ás múltiples accións que o Colexio deseñou e implantou nos últimos anos para facilitar un mellor achegamento de nais, pais e menores ás novas tecnoloxías, como son os programas "Navega con rumbo" e "Rapaciñ@s", ademais das charlas puntuais que ofrece á demanda de institucións, centros de ensino e organismos.