Pasar al contenido principal

O Startup Weekend EDU Galicia quere compartir contigo unha experiencia inesquecible

logo startup

O Startup Weekend, un dos eventos para emprendedores máis estendidos por todo o mundo, terá lugar do 2 ao 4 de decembro en Santiago de Compostela. Se tes unha idea de negocio e queres levala a cabo ou ben precisas aprender e facer "networking", desde o CPEIG animámoste a participar.

O SWEDU Galicia está organizado por persoas relacionadas co mundo da educación, tecnoloxía e emprendemento, en colaboración con Startup Galicia. O obxectivo é identificar e propoñer solucións aos retos da educación. Os equipos que se formen traballarán xuntos durante 54 horas para crear ferramentas de base tecnolóxica enfocadas a resolver un problema concreto na educación ou entre os estudantes de calquera nivel educativo.

A organización do evento demanda:

-Estudantes universitarios interesados no hacking, o UX/UI design, emprender ou mellorar a educación e que queiran colaborar no desenvolvemento de solucións únicas.

-Profesores con ganas de compartir a súa visión e experiencia .

-Comunidade educativa: xestores de centros educativos, persoas de entidades sen ánimo de lucro vinculadas á educación, profesionais traballando no desenvolvemento de servizos ou materiais educativos.

-Desenvolvedores de aplicacións móbiles (IOS, IOS SDK, Android), programadores (JAVA, Objective C, CSS3, etc.) e "web developers" (front end and back end)

-Deseñadores: UX/UI "designers" (Adobe Suite Applications, Axure, iRise, Omnigraffle, etc.)

-Emprendedores e persoas do mundo das empresas: "innovators", "thinkers", "business strategists", "marketers", "finance gurus", "project managers", "philanthropists" e  persoas interesadas en contribuír na modelización dos proxectos que xurdan.

Máis información en: http://www.up.co/communities/spain/galicia/startup-weekend/about