Pasar al contenido principal

A nena Antía González Arias, de dez anos de idade, resultou gañadora do Concurso de Postais do Colexio

Postal 2016

O xurado do concurso de postais de Nadal organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) decidiu  premiar o debuxo de Antía González Arias, presentado polo colexiado Alberto Arias. A nena recibirá unha tableta de 10 polgadas como recoñecemento ao seu traballo. 

Antía González, quen conta con 10 anos de idade, empregou tanto rotulador como ceras na súa postal, na que pintou un curioso e colorido taller de reparacións informáticas, á fronte do cal está un personaxe Pokémon. No debuxo aparece, ademais da decoración tradicional do Nadal, un certificado académico pendurado da parede que acredita a cualificación do responsable do taller. 

O CPEIG seleccionou, a través do concurso fallado agora, a postal de Antía como a felicitación  oficial para estas festas. 

O xurado encargado da selección estivo integrado por Juan Otero, vicepresidente;  Roberto Vieito, vicesecretario; Francisco Javier Rodríguez Martínez, tesoureiro; e Lorena Otero, vicetesoureira.

 A Xunta de Goberno do CPEIG transmítelle os seus parabéns a Antía e á súa familia.

 Bo Nadal para tod@s e ventureiro 2017!