Pasar al contenido principal

Convocada a primeira edición dos Premios de Investigación da Fundación BBVA e a Sociedade Científica Informática de España

A Fundación BBVA e a Sociedade Científica Informática de España convocan os Premios de Investigación na súa primeira edición. En concreto, concederán seis galardóns, cada un deles cunha dotación económica bruta de 5.000 euros, e todos eles na modalidade de investigación informática.

Os premios van dirixidos a mozas e mozos investigadores en informática que realizasen o seu traballo de investigación nunha universidade ou centro científico de España. Os candidatos deberán contar co título de doutor e ser menores de 30 anos de idade a 31 de decembro de 2016. 

Sen excluír ningunha temática que se considere acaída dentro do rango da investigación informática á que se refiren os galardóns, considéranse incluídas as seguintes: arquitectura e tecnoloxía de computadores, ciencias da computación e intelixencia artificial, linguaxes e sistemas informáticos. 

Toda a documentación necesaria para a candidatura aos premios deberá ser enviada en formato dixital á dirección electrónica presidente@scie.es ata as 23:55 horas do 28 de febreiro de 2017. 

A convocatoria aos premios resolverase antes do 31 de maio de 2017. Descarga de Bases