Pasar al contenido principal

O Colexio visitou O Carballiño para dar unha charla sobre redes sociais e menores

Carballiño

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, achegouse o pasado 27 de xaneiro ata O Carballiño para dar unha charla na Casa da Cultura sobre "Redes Sociais e Menores: riscos e oportunidades". O CPEIG agradécelles ás anpas Virxe da Cela e A Uceira do CEIP Calvo Sotelo a organización do evento, ademais do convite para participar nel, e ao Concello do Carballiño o seu apoio.

A xornada constituíu unha das moitas charlas que o CPEIG imparte en centros escolares, ben dentro do programa "Navega con Rumbo" ou "Rapaciñ@s", ben fóra destas iniciativas pero a petición de asociacións de nais e pais interesados en que as súas fillas e fillos fagan un uso responsable e enriquecedor das redes sociais e as novas tecnoloxías.