Pasar al contenido principal

O Suse Expert Days, que terá lugar o 16 de marzo, contará coa colaboración do CPEIG

SUSE Expert Days

Os SUSE Expert Days recalarán en Santiago de Compostela o vindeiro 16 de marzo, coa colaboración da Asociación Galega de Software Libre (Agasol) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Trátase dunha oportunidade para coñecer, nunha soa mañá, as novidades SUSE para o presente ano.

Os asistentes poderán achegarse ás tendencias en campos como a transformación dixital e a cultura DevOps. Asemade, as persoas inscritas poderán entrar no sorteo dunha Raspberry Pi 3 B co sistema operativo SUSE Linux Enterprise Server for ARM.

O encontro terá lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, no Centro de Innovación Cultural CINC, Auditorio 1, consonte ao seguinte programa:

·         9:00 - 09:30  Café de benvida

·         09:30 - 09:45  Presentación dos SUSE Expert Days

·         09:45 - 10:00  Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

·         10:00 - 10:30  O ecosistema de software libre en Galicia (AGASOL)

·         10:30 - 11:30  Transformación dixital. SUSE: Estratexia e futuro

·         11:30 - 11:45  Café

·         11:45 - 12:20  Software-defined Data Center. Cara ao novo centro de datos: OpenStack, CloudFoundry, Ceph e Colectores

·         12:20 - 12:50  Transformación dixital: Sistemas de Misión Crítica: SAP, ZeroDowntime e HA con demos de LivePatching, full system rollback e MS SQLServer en HA

·         12:50 - 13:40  DevOps: Arquitectura, estratexia e modelo. Developer tools, SLES for Raspberry Pi e Containers as a Service Platform: MicroOS+Docker+Kubernetes

·         13:40 - 14:20  SUSE OpenStack Cloud. Integración de OpenStack con Kubernetes e Docker, HA e non-disruptive update con demo

·         14:20 - 14:30  Preguntas

·         14:30 - 15:30  Xantar

 

Para rexistrarse no evento:

http://events.suse.com/events/2017-emea-suse-expert-days-santiago-de-compostela/event-summary-605a0c5e812047d79bf5831387684919.aspx